PROXECTO ARCE

VEN E COÑÉCENOS-VEN Y CONÓCENOS-VINE I ENS CONEIXES

martes, 22 de marzo de 2011

Hoxe: roteiro

Hoxe fixemos unha saída ofertada polo Concello: "Coñece Carral nun día". Acompañáronnos Bea e Florinda, e tivemos o apoio do persoal de protección civil do concello (por sorte!).
Saímos as nove e media do cole e desde Plaza da Capela, iniciamos o Roteiro dos mártires. Visitamos o cemiterio de Paleo onde están as sepulturas de alomenos tres dos participantes no alzamento.
Logo de descansar uns minutos no Campo da Feira e "desbeber", un autobús levounos cara Cañás. Alí visitamos a depuradora de augas. Ademáis de observar en directo o proceso que nos permite beber a auga na nosa casa con garantías de potabilidade, enterámonos de que é a estación depuradora máis antiga do país. O edificio é moi bonito, da época modernista. O primeiro teléfono do concello foi o da depuradora cunha única liña ata A Coruña.
Xantamos na área de educación vial para deseguido facer un dos múltiples roteiros na zona da Costa da Ëgoa.
Chegamos ao cole cansos e algo preocupados por Alberto que se lastimou nun pé, pero foi un bo día, e por unha vez o tempo acompañou.

No hay comentarios: